O alcalde de Salvador de Bahía comprométese a reservar un espazo para crear un museo da emigración galega

Museo en Brasil

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Salvador de Bahía (Brasil) foi o punto de entrada de boa parte da emigración galega. Por iso, o prefecto de Salvador, o centrista Joao Henrique Barradas Carneiro, acaba de anunciar que reservará un espazo para crear un museo da emigración galega. Foi no marco do foro bilateral Galicia -Brasil que se desenvolve no país sudamericano desde onte. Unha xuntanza coa que a Consellaría de Emigración e o Igadi pretenden crear unha rede estábel de relacións entre empresarios galegos e brasileiros co fin de fomentar as relacións e ampliar as redes culturais entre ambos paises.

Máis información na edición de hoxe de Atlántico Diario

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brasil, Atlántico, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)