Homenaxes a Antón Risco, Amado Carballo, Cunqueiro e Cabanillas

Lembrando os escritores

Continúan os actos en memoria dos nosos escritores. Ourense rendiu onte homenaxe a Antón Martínez Risco co descubrimento dunha placa conmemorativa e outros actos qeu cointinúan hoxe. Mentres, en Pontevedra inagúrase unha exposición fotobiográfica sobre Luís Amado Carballo e en Poio comeza a Semana Álvaro Cunqueiro. Ramón Cabanillas será pola súa banda o tema dunhas xornadas que se celebrarán en Cambados entre o sete e o oito de xuño.

Risco


A Fundación Risco, o Concello de Ourense e as tres universidades galegas rendiron onte homenaxa a Antón Martínez Risco co descubrimento dunha placa conmemorativa no Cámpus de Ourense. Ademais, a Universidade de Vigo editou un libro que recolle textos deste autor sobre a relación entre realidade e ficción. No acto estiveron presentes destacados membros da vida cultural e política ourensáns, así coma representantes das tres universidades. Para hoxe está prevista a entrega dos premios de literatura fantástica que levan o seu nome.













Amado Carballo




O recentemente inaugurado Pazo de Mugartegui de Pontevedra acolle desde hoxe unha exposición fotográfica sobre Luís Amado Carballo con ocasión dos cen anos do seu nacemento. A mostra forma parte dos actos cos que o Concello pensa honrar a memoria do poeta pontevedrés, e que inclúen a edición dunha biografía e actividades para o público escolar. A mostra inaugurada onte recolle centro trinta imaxes que amosan a Amado Carballo en diferentes etapas da súa vida e incúen partes da súa obra. A mostra poderá verse de martes a sábado en horario de tarde.









Cunqueiro e Cabanillas


O mosteiro de San Xoan de Poio acolle desde onte a Semana Álvaro Cunqueiro organizada pola delegación galega da Asociación de Escritores Españoles. Nestas xornadas abordaranse medianta coloquios e conferencias diferentes aspectos do escritor mindoniense. Se onte José López Maratínez abordou a producción en español do escritor e a súa obra xornalística, para mañá Camilo Franco falará sobre a obra teatral de Cunqueiro. Pola súa banda, a memoria de Ramón Cabanillas será honrada cunhas xornadas no seu Cambados natal entre os días sete e oito de xuño. Este evento, organizado pola Consellería da Cultura con ocasión dos 125 anos do nacemento do poeta,contará coa presencia de destacados persoeiros da cultura coma Carlos Casares, Borobó ou Kukas entre outros.