O turismo, as novas tecnoloxías e a cidade da cultura son os eixes da Consellaría de Cultura para o 2005

As contas da cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Xesús Pérez Varela compareceu onte no Parlamento para explicar os eixes da consellaría de Cultura para o 2005. Os preto dos 207 millóns que terá esta carteira (descontados os 97,1 millóns que van para a CRTVG) centraranse en promover o turismo, na dotación da Cidade da Cultura e no equipamento do fogar nas novas tecnoloxías. Neste último punto, o obxectivo marcado por Pérez Varela é “que ningún forgar galego estea sen ordenador, e que ningún galego deixe de ter acceso a Internet”, aínda que non facilitou o modo en que o levará a cabo.

Máis información en La Voz de Galicia e en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Xesús Pérez Varela, Internet, Galicia Hoxe...