Unha república entre dous reinos, un lugar cheo de singularidades históricas e culturais, un sÃmbolo da conexión entre Galicia e Portugal. O Couto Mixto, un enclave de tres aldeas que durante séculos funcionou coma unha república independente, está a converterse nos últimos anos no eixe de múltiples iniciativas culturais que reivindican a importancia deste lugar e da súa historia única.
.....Tema proposto por un lector.....¡Ti tamén podes facer propostas aquÃ!
As aldeas de Rubiás, Meaus e Santiago, repartidas entre os concellos de Baltar e de Calvos de RandÃn, en Ourense, poderÃan pasar por uns lugares coma tantos outros do paÃs. Sen embargo, gardan unha historia de séculos durante os cales eran unha terra de ninguén entre Galicia e Portugal, coas súas propias leis e privilexios en canto a alfándegas. Non foi ata 1864 cando, ao se definir finalmente as fronteiras aÃnda hoxe en vigor, as tres aldeas pasaron a formar parte de Galicia. Acabou entón un sistema de goberno que se organizaba arredor dunha representación paritaria destes tres lugares na toma de decisións. Esta paridade queda rexistrada no feito de que os selos e documentos que lexitimaban as decisións tomadas se gardaban unha caixa con tres chaves, cada unha delas no poder do representante da aldea correspondente. Ademais deles, elixÃanse periodicamente os xuÃces do Couto, que administraban a xustiza e se encargaban do goberno. Desde a súa desaparición legal e o sometemento á lexislación imperante no estado, a identidade singular do Couto Mixto foise debilitando tamén.
O renacemento
Houbo que agardar ata finais dos anos noventa para que este espacio singular comezase un renacemento que o está a levar periodicamente á primeira plana da actualidade cultural do paÃs. Cara a 1996 comezaron os contactos entre LuÃs GarcÃa Mañá, autor de varias obras sobra a fronteira entre Galicia e Portugal e fondo coñecedor da historia do Couto Mixto e os veciños da zona, buscando información sobre este singular enclave. “Un grupo de persoas do lugar, entre elas eu, iniciamos contacto con el e fomos mirando de constituÃr a Asociación de Amigos”, explica Cesáreo González, presidente da Asociación de Veciños do Couto Mixto. Foi en finalmente en 1998 cando varios habitantes das tres aldeas, co apoio dos alcaldes dos dous concellos afectados, crearon finalmente a Asociación de Amigos do Couto Mixto na que se integrarÃan, onda varios veciños, diferentes persoeiros da cultura galega e portuguesa e que nacerÃa finalmente en 1999. Entre estes promotores encontrábase LuÃs GarcÃa Mañá, o propio Cesáreo González ou José Benito Reza.
Premios e actividades
Foi no 2000 cando se crean e se entregan os primeiros premios “XuÃces honorarios” do couto mixto, un premio que se repite desde entón ano tras ano a persoas que teñan apoiado a recuperación da memoria deste lugar. Desde Fernández del Riego, Constantino GarcÃa, Máximo Salinas, Antón Riveiro Coello, Xosé Benito Reza, ou os propios LuÃs GarcÃa e Cesáro González van sendo cada dÃas máis as persoas que contan con esta distinción. Ademais tense feito o irmanamento cos Pobos Promiscuos, aldeas que antes da definición da fronteira estaban divididos pola raia e que ficaron finalmente da banda portuguesa, representouse unha obra teatral na que se amosaba a vida tradicional na zona, e fixéronse varias presentacións de libros. Estes e outros actos van artellando o renacemento do Couto Mixto como centro cultural. Cada ano se celebra un mÃnimo dun acto cultural en cada unha das aldeas, que teñen cadanseu monolito recoñecendo o particular papel que desenvolveron na configuración deste territorio. Deste xeito, unha placa lembra a importancia de Rubiás como capital polÃtica do Couto ou a de Meaus como principal centro comercial do territorio. Para este ano está prevista a inauguración do dedicado a RandÃn.
Lingua milenaria no couto
En 2002 foi o Couto Mixto o lugar escollido para presentar publicamente o manifesto “Falamos unha lingua milenaria” promovido pola Fundación Premios da CrÃtica, co que algúns dos nomes máis destacados da cultura do paÃs, ata un total de 149 persoas, dezasete institucións e nove membros da Real Academia, proclamaban a súa fidelidade ao galego como lingua propia e independente. Coincidindo con estes evento creouse en Santiago de Rubiá un milladoiro de pedras e palabras. Na orixe desta peculiar construcción está un monte de pedras que persoas de todo o paÃs achegaron a este lugar canda unha palabra propia do seu lugar de orixe. A intención é que este milladoiro vaia medrando coas achegas de novas persoas comprometidas coa lingua. Xesús Ferro Ruibal, que actuou coma escriba deste acto ou Xosé Manuel Cid, decano de humanidades en Ourense foron dos primeiros en participar neste evento. Este ano tamén, a Fundación Premios da CrÃtica outorgou o seu premio á mellor iniciativa cultural a este lugar pola “recuperación da autoestima e memoria histórica coma parte dun espacio xeográfico e cultural” asà como por “favoreceren o reencontro da convivencia entre Galicia e Portugal a partir das raÃces comúns”.
Os veciños tamén contan
Hai pouco máis dun ano creábase unha nova iniciativa para apoiar o desenvolvemento do couto. “A Asociación de Veciños do Couto Mixto fÃxose para colaborar un pouco máis coa Asociación de Amigos e ir vencellando os veciños ás actividades de recuperación do lugar”, explica Cesáreo González, actual presidente do colectivo. “Na actualidade somos máis cento vinte socios, entre os que están os residentes permanente no Couto e outros que viven no contorno e teñen vencellos co Couto.” Tendo en conta que a poboación permanente da zona é dunha cento cincuenta persoas, dedúcese que a porcentaxe de participación é ben elevada. A asociación é a responsable da posta en marcha do web coutomixto.org que ofrece unha completa información sobre a historia e situación do lugar ademais de información detallada sobre as actividades do colectivo.
Museos e libros
Entre os proxectos máis inmediatos dos colectivos de defensa do Couto Mixto está a consolidación do Museo Aberto do Couto Mixto. “Este museo son as tres poboacións en si”, explica González, “vense casas abandonadas que son auténticas xoias, e construccións singulares coma a antiga casa do xuÃz, o banco, a antiga casa da botica de Meaus ou comercios que aÃnda se conservan”. Ademais de singulares igrexas coma a de Santiago, que conta cunha capela románica con destacadas pinturas murais ou a de Meaus, que posúe uns impresionantes e orixinais retablos barrocos. “Estamos mirando agora de facer tamén un museo etnográfico, onde se poidan ver todos os elementos que se conservan do Couto, coma a arca, e onde tamén se poidan consultar todas as publicacións realizadas sobre esta zona”. A cantidade de publicacións, conferencias e mesmo exposicións de arte (coma a realizada por alumnos de Belas Artes en 2002 na Deputación de Ourense) que teñen como obxecto este lugar entre reinos multiplicouse nos últimos anos. Entre as obras máis recentes están “Afinidades lingüÃstiscas galego-portuguesas no Couto Mixto e na fronteira de Ourense”, de Manuel Taboada Cid, “O couto Mixto. O seu controno arraiano e os pobos promiscuos. Estudio socio-económico” de Máximo Salinas. “O Couto Mixto unha república esquecida” e “O meniño morreu” de LuÃs GarcÃa Mañá.
Futuros e propostas
Polo de agora, este relanzamento está a conseguir situar o Couto Mixto no mapa cultural de Galicia. “Na prensa o Couto aparece moi a miúdo” recoñece Cesáreo, que engade que “agora vén moita xente a visitar as aldeas”. Como por exemplo os participantes nas excursións que organiza a Coordinadora Galega de Roteiros, que xa leva varios anos dando a coñecer a realidade e a historia desta zona no paÃs. Recentemente abriu no lÃmite deste territorio unha casa de turismo rural que quere explotar as potencialidades turÃsticas do terreo, onde ademais no patrimonio se dan cita destacados valores paisaxÃsticos e naturais. E é que, de seguir adiante esta vontade, ao couto quédalle aÃnda moita historia por diante.