O Ministerio de Cultura apoia as reivindicacións dos bibliotecarios e rexeita o canon por empréstito

Todos contra o canon

26/10/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
16 lecturas | Compartido 0 veces
A protesta dos bibliotecarios e usuarios pola posíbel implantación do canon por empréstito que pretende a Comisión Europea achou no Ministerio de Cultura un apoio importante. O ministerio, entendendo que a situación bibliotecaria española é deficitaria respecto a outros membros da UE e que o canon frearía o seu desenvolvemento, declarouse en contra da aplicación da directiva comunitaria estabelecendo unha excepción que ampara ás bibliotecas públicas e aquelas de uso público dependentes de organizacións sen ánimo de lucro. A Comisión Europea cre que esta excepción resulta ampla de máis e desvirtúa a norma e podería demandar a España ante o Tribunal de Luxemburgo.

Maís información na edición de hoxe de Galicia Hoxe

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Cultura, Comisión Europea, Bibliotecas, Galicia Hoxe