A biblioteca pública viguesa rexeita o canon por préstamo que reclama a sociedade de autores

Prestar ten canon

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Corren malos tempos para as bibliotecas. A Unión Europea acaba de abrir un expediente ao goberno español por non transpor a directiva a partir da que os autores autoricen ou reciban un pagamento polos préstamos que se realizan. Actualmente, as bibliotecas españolas destinan 24 millóns a aumentar os seus títulos e, de se aplicar a medida, deberían reservar trece para o pago do canon, coa conseguinte redución do seu poder adquisitivo. De momento, o Ministerio de Cultura non fixo ningunha declaración ao respecto e son as bibliotecas as que toman a iniciativa. A biblioteca pública de Vigo xa fixo público no Faro de Vigo que rexeita a imposición deste canon ao considerar que "xoga en contra do seu papel como axentes difusores da cultura".

Máis información en La Voz de Galicia e na edición de hoxe de Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Faro de Vigo, Ministerio de Cultura, La Voz de Galicia...