fin de semana 22/10

A vertixe da espiral aparece esta semana coincidindo en dúas das nosas propostas. Anxos Sumai descobre no seu diario literario, “Anxos de garda”, algunhas das distintas vertixes que pode sentir; o “Inventario Indócil” de poemas visuais de Elvira Riveiro proponnos outra espiral de atención na súa imaxe desta semana. Un que non ten vertixe é Fran Morell, que desde as noticias do xénero fantástico que cada semana trae a “Os 7 fantásticos”, segue coa vista posta en Superman e outros seres nada habituais que están no mundo da imaxinación que nos rodea. A grella do Encrucillado tamén podería producir algo de vertixe pero a medida que vai enchéndose de letras e palabras cruzadas o desasosego recúa, compróbao.