Saber só inglés xa non é suficiente, por iso cada vez hai máis xente que se lanza a estudar un cuarto ou quinto idioma. Francés, ruso, checo, xaponés, portugués ou italiano son cada vez máis demandados aÃnda que por motivos ben diferentes. Alumnos dos diferentes cursos explÃcannos cales son as súas preferencias e porqué.
"Domino perfectamente o inglés e querÃa estudar outra lingua que non fora o francés e que puidera axustarse ao pouco tempo do que dispoño, foi asà como decidÃn matricularme en italiano". Nestas declaracións a xornalista Bea Bravo, comparte caracterÃsticas comúns a todas as persoas que deciden estudar un idioma diferente do inglés. Tal e como revelan as estatÃsticas que realizou o Instituto de Idiomas, a xente que xa ten un domino amplo do inglés (asumimos que é a principal e máis demandada lingua) decide estudar outro idioma. O Instituto de Idiomas que depende da USC elabourou este ano unha enquisa sobre as motivacións que levaron aos alumnos a matricularse nalgún idioma dos que ofertan. O director do centro, Xosé Manuel Pérez Pena, explica que "segundo revela a estatÃstica o 43% dos nosos alumnos faino por interese xeral, o 23% faino por motivos profesionais, o 17% para viaxar, en cuarto lugar polos créditos de libre configuración (nótese que o case o 70% dos matriculados son estudantse) e o resto da porcentaxe son por motivos moi variados".
A sedución italiana
Bea Bravo explica que "dispoño de moi pouco tempo libre e querÃa estudar un idioma que non me supuxera un grande esforzo, por iso dubidaba entre o portugués e o italiano. Ao final, o meu interese e paixón pola cultura italiana acabou por determinar a miña elección". Bea matriculouse tres anos no Instituto de Idiomas, do que destacou a calidade do ensino porque ao tratarse de profesores nativos aprendes "non só un idioma, senón tamén unha cultura, porque cae de refilón, vamos que son indisociábeis". Durante estes tres anos Bea conseguiu ler a Tabucchi e a Italo Calvino no seu propio idioma, aÃnda que non se considera competente nesta lingua. "O problema é que a partir de terceiro o número de alumnos decae, e só queda un grupo e se non che coinciden ben os horarios telo que deixar".
Segundo os datos que ofrece a ConsellarÃa de Educación, organismo do que depende a Escola Oficial de Idiomas, o italiano foi o cuarto idioma máis estudado no curso 2003-2004. En total 1.060 persoas estudaron a lingua de Calvino nos sete centros que a EOI ten espallados por toda Galicia. Segundo esta mesma estatÃstica, o inglés con 11.590 matriculados é o idioma máis demandado ao que segue o francés con 3.714, seguido do alemán (2.225), que son os tres idiomas que se ofertan en todos os centros da Escola Oficial de Idiomas. AÃnda que son datos dun só centro, as porcentaxes de alumnos de cada idioma son extrapolábeis a toda Galicia.
O portugués: ese vello coñecido
Quen si se valorou a proximidade xeográfica foi Rosa TedÃn. Esta xornalista inicia agora o cursiño de perfeccionamento en lingua portuguesa que organiza a Fundación Galicia-Europa. "Cando comecei, explica Rosa, querÃa ter coñecementos básicos de portugués porque, aÃnda que ten moito en común co galego, hai particularidades fonéticas e de ortografÃa que querÃa coñecer". Destes cursiños destaca o seu carácter eminentemente práctico, porque ademais da importancia da gramática, habÃa conversación, na que abordabamos temas sobre a cultura portuguesa e mesmo xogos, nos que aproveitábamos a nosa base de galego-falantes e vemos o que nos falta por aprender". Alén diso, Rosa destaca a necesidade de mudar un pouco de idioma "estudas inglés desde o instituto e agora apetecÃame cambiar".
Do exotismo árabe ás imposibilidades consonánticas do ruso
Os datos ofrecidos pola Escola Oficial de Idiomas destacaban que tanto o ruso como o árabe son idiomas moi minoritarios. En total, unhas trescentas persoas estudaron árabe na Coruña (único lugar onde este organismo imparte clases). En Santiago, o Instituto de Idiomas mantén unha matrÃcula máis baixa que se acaba constatando en grupos moi reducidos.
Marta Pérez é investigadora en comunicación e estudou ruso durante catro anos. "O que me motivou a estudar ruso foi a literatura rusa porque me matriculei no Instituto de Idiomas tres anos, máis un que fixen por libre cunha profesora particular". A dificultade dunha lingua como o ruso é que se non estudas nin practicas constantemente o idioma esquécese con facilidade, por iso Marta asegura que a dÃa de hoxe non lle ten sacado moito proveito, aÃnda que non descarta volver estudalo nun futuro. Unha caracterÃstica que tamén destaca o estudante de ciencias da comunicación Joám Evans, quen leva estudando árabe desde o ano 2001 e que desde entón tenta solicitar bolsas para perfeccionar o que xa sabe e lamenta que "non exista un maior apoio institucional". A primeira lingua de Joám é o inglés porque a súa familia paterna é anglo-irlandesa, logo aprendeu galego, máis tarde español e agora, "por recomendación da miña profesora de BUP que dicÃa que a miña caligrafÃa estaba máis próxima aos alfabetos cúficos que aos latinos" dedÃcase a estudar o árabe. Alén da curiosidade, non destaca sacarlle proveito profesional nun futuro. Nese sentido, o director do Instituto de Idiomas da USC destaca que "nos últimos anos vimos unha demanda crecente deste idioma por parte dos alumnos de Ciencias da Comunicación e polos profesionais que se adican á información, falando co profesores de árabe sospeitamos que ten que ver coa realidade polÃtica actual, e coa posibilidade de poder ler algunha páxina web e ter información máis inmediata".
O francés: o eterno segundón
Por último, Anique Prevot, directora da Alliance Française en Santiago de Compostela comenta que "os nosos alumnos son maioritariamente estudantes que precisan o francés no marco dos seus estudos, ou nenos cuxos pais queren que aprendan outra nova lingua". Os douscentos alumnos matriculados no presente curso repártense entre cursos intensivos e cursos anuais que van de outubro a xuño e que teñen acceso ás aulas, á mediateca e ás xornadas culturais coas que a Alliance pretende dar a coñecer a lingua e a cultura francesa. Anique explica que o obxectivo das Alliance "como asociación sen ánimo de lucro os seus obxectivos son difundir a lingua e a cultura francesa, por iso facemos actividades culturais: o cinema que matemos co cineclube Compostela, tamén organizamos exposicións, e concertos e algunhas veces conferencias, unha oferta que varÃa segundo as axudas que poidamos ter por parte da embaixada francesa".
Italiano, árabe, ruso, xaponés, francés ou alemán en función das preferencias de cada quen, pero o que queda claro é que estudar outro idioma á parte do propio de cada un e do inglés, é máis necesario cada dÃa.