Silvia Gaspar e Xabier P. Docampo destacaron a importancia da literatura infantil para o sistema literario galego na primeira xornada sobre o tema que organiza a Fundación Casares. E dentro da literatura infantil consideraron a Carlos Casares como un piar clave pola calidade da súa obra que lle dá un carácter fundacional á literatura infantil. Na sesión de hoxe, Manuel Bragado de Xerais, Xosé Antonio Neira Cruz de Galaxia e Xosé Ballesteros de Kalandraka abordarán a relación da literatura galega co mercado escolar.
Máis información en Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia