O CGAC e o MARCO acollen proxeccións de curtametraxes

Arte curta

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
As curtametraxes de Juan Pablo Etcheverry exporanse até o vindeiro domingo no Centro Galego de Arte Contemporánea (de 11:00 a 20:00 horas). Un total de sete traballos que tamén se poden ver mañá no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) a partir das 20:00 horas dentro dun programa que se chama "Noites de estrea" . Este festival de curtametraxes comeza hoxe no centro vigués coa proxección da curta "A caixa de migas" de Víctor García e Michelle McGauchie.

Máis información sobre as proxeccións do CGAC no web de Santiago Turismo e no web do MARCO

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)