Cultura concede a Santiago o primeiro premio de Cidades Patrimonio polo seu traballo

Conservar ten premio

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Concello de Santiago festexará este venres o vixésimo aniversario da declaración da cidade como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Á celebración úneselle outra máis, xa que acaba de facerse co primeiro premio de "Cidades Patrimonio" que concede o Ministerio de Cultura. O seu labor na conservación e rehabilitación do seu conxunto histórico son os motivos polos que se fixo con este galardón que ten unha contía económica de 15.205 euros. Ademais, ese mesmo día o concello santiagués nomeará fillo adoptivo ao arquitecto portugués Álvaro Siza, autor da Facultade de Ciencias da Comunicación e do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

Máis información no web de Santiago Turismo

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Álvaro Siza, Portugués, Patrimonio da Humanidade...