O Concello de Santiago pon en marcha coa Mesa unha campaña para normalizar o galego no mundo empresarial

Lingua polas empresas

19/10/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Arredor de duascentas empresas de artes gráficas, onda outras dedicadas a comunicación e publicidade serán o obxectivo da campaña que o Concello de Santiago e a Mesa pola Normalización poñen en marcha estes días. A intención é conseguir en catro meses que se incremente a porcentaxe de emprego do noso idioma neste sector. Segundo explicaban onte responsábeis do concello na presentación da campaña, este tipo de empresas teñen unha especial incidencia na presenza pública do idioma ao actuar como mediador na comunicación publicitaria de moitas outras.

Máis información en La Voz de Galicia e en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Santiago, La Voz de Galicia, Galicia Hoxe, Lingua galega