Carlos Casares (1945-2002) non só foi un escritor de contos para nenos, senón ademais un editor de literatura infantil a través da colección Árbore. Esta faceta súa é a que pretende abordar a Fundación Casares cun segundo ciclo literario que coordina Dolores Vilavedra e que comeza mañá coa intervención de Silvia Gaspar e Xabier Docampo. Estas sesións, que servirán para facer unha radiografía da situación actual da literatura infantil en Galicia, completaranse coa estrea da obra de Casares As laranxas máis laranxa de todas as laranxas que leva a cabo o Centro Dramático Galego.
Máis información en La Voz de Galicia e sobre a montaxe no tema do día sobre o Centro Dramático Galego