O Colexio de Arquitectos pronúnciase en contra do derrubo da casa do arcebispo

Arquitectura celestial

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A urbanización do Papagaio na Coruña implica a construción dun garaxe debaixo do conxunto arquitectónico das Capuchinas. A igrexa e os promotores privados acordaron a creación dun aparcamento debaixo da casa do arcebispado, asegurando que suporía unha reconstrución fidedigna do edificio orixinal. Polo demais, a delegación coruñesa do Colexio de Arquitectos de Galicia acaba de denunciar que esta obra modifica todo o elemento estrutural do edificio que ten protección monumental, o mesmo grado que a Torre de Hércules, e que supón un incumprimento do Pepri (Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Cidade Vella e da Pescadería).

Máis información en La Opinión

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, Torre, Colexio de Arquitectos de Galicia, La Opinión...