O fiscal especialista en patrimonio abre unha investigación sobre a Casa do Cura da Coruña meses despois da súa demolición

O fiscal entra na Casa do Cura

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O polémico derrubamento da Casa do Cura situada onda o convento da Capuchinas na Coruña podería ter consecuencias legais. Antonio Roma, o fiscal especializado en delitos contra o patrimonio histórico, abría onte dilixencias sobre este caso ao considerar que se vulnerou a protección que tiña a fachada deste edificio. A totalidade da casa do cura foi derrubada o pasado outono para construír un aparcadoiro no seu subsolo, xerándose xa daquela abondosas protestas pola actuación.

Máis información en Galicia Hoxe; en La Voz de Galicia, en La Opinión e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Galicia Hoxe, La Opinión, Culturagalega...