As primeiras análises confirman o espolio do galeón de Fisterra mentres se coñece outro caso en Vigo

Polo mar abaixo van

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A inspección dos mergulladores que enviou a Dirección Xeral de Patrimonio ao galeón afundido en Fisterra confirma a ausencia de obxectos no pecio. Mais concretamente terían desaparecido parte dun canón e varios lingotes de chumbo dos restos, o que concorda coas primeiras informacións sobre o que terían levado os mergulladores da armada. Ao tempo, coñecemos que o fiscal Carlos Gil, especializado en patrimonio histórico, abriu dilixencias contra a empresa Subsea Resources. Esta firma, que teoricamente tentaba recuperar un cargamento de metais dun pecio de 1979 podería estar na realidade buscando o tesouro do Santo Cristo de Marcaibo, afundido durante a batalla de Rande.

Máis información no web da Consellaría, en Vieiros, en La Voz de Galicia, no Faro de Vigo e nos nosos arquivos sobre restos mergullados; sobre Rande

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fisterra, Rande, Culturagalega, Vieiros...