Rivas publicará nos EE.UU. 'As chamadas perdidas’ e Conde tira a cuarta edición de ‘Romasanta’ en Rusia

Aos dous lados do pano

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A actualidade móstrase favorábel coa difusión da literatura e os autores galegos. A feira de Francfort foi o escenario do acordo de venda da editorial Alfaguara dos dereitos do libro de Manuel Rivas, “As chamadas perdidas” a unha editorial dos EE.UU. para a súa tradución e comercialización nese país. No outro antigo grande bloque mundial, Rusia, o escritor Alfredo Conde xa vai pola cuarta edición da súa novela “Romasanta”, publicada antes alí en ruso que aquí en galego. Conde acada desde hai tempo un amplo recoñecemento á súa obra en Rusia e neste caso por partida dupla xa que a película inspirada nesta novela tamén está tendo aceptación nos cines rusos.

Máis información en Galicia Hoxe
e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rusia, Manuel Rivas, Alfredo Conde, Literatura...