A novela de Alfredo Conde "Romasanta" edítase antes en ruso que en galego ou castelán

Romasanta en Moscova

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Durante a súa estadía en Moscova invitado polo Instituto Cervantes para dar unha conferencia sobre a súa obra, o escritor alaricano Alfredo Conde presentou a edición rusa da súa nova novela “Romasanta. Memoria incerta do Home Lobo”. A obra, que vai ser levada ao cine pola produtora Filmax , edítase antes en ruso pola editorial Azbooka que en galego ou castelán, idiomas nos que verá a luz en abril, e supón a sexta das obras de Conde que se traduce ao ruso. O libro inspírase no asasino en serie Manuel Branco Romasanta que a mediados do século XIX matou a varias persoas e despois de ser apreixado foi indultado por aducir unha suposta enfermidade de licantropía.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alfredo Conde, Cine, Instituto Cervantes, Filmax...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares