Filmax presenta en Sitges “O cid” e un avance da súa longametraxe “Romasanta”

Rodrigo e o lobishome

O Festival de Cine de Sitges (do 27 ao 7 de decembro) acolleu a presentación dos últimos traballos da productora Filmax que, precisamente, cumpre 50 anos de actividade no sector do audiovisual. E a gran primicia foi a premiere de “O Cid, a lenda” a longametraxe de debuxos animados que elaborou entre Santiago e Valencia (nos estudos Bren e Toon respectivamente). A estrea comercial do filme está prevista en 260 salas para o vindeiro día 19. Ademais, Filmax aproveitou a súa presencia para dar a coñecer un avance de “Romasanta, a caza da besta” o filme dirixido por Paco Placa e que está baseado nunha novela de Alfredo Conde. Por outra banda, o público desta edición de Cineuropa outorgou un 9 ao filme “Dogville” de Lars Von Trier. Convertiuse así o gañador nun certame no que “Ararat” (Atom Egoyam) acadou o segundo posto cun 8.22 e o terceiro posto para “In this world” de Winterbottom cun 8. En sección non oficial a película vencedora foi “As invasións bárbaras” de Dennys Arcand.

Máis información no web de Filmax Animation e na ficha de O Cid, nova sobre a rodaxe de Romasanta