O premio de poesía Afonso Eanes do Cotón recae nunha obra escrita entre dous autores

Poesía x 2

A sorpresa do xurado do premio Afonso Eanes de Cotón foi maiúscula ao comprobar que detrás do pseudónimo “Marcial Baldovinetti” estaban dous autores presentando obra conxunta baixo o título “Cara a un solpor de gatos”. Verónica Martínez Delgado e Antonio Fernández Seoane repartiranse os 1.200 euros do premio desta terceira edición do certame de Negreira nun feito pouco habitual nos certames literarios. O xurado destacou da obra a súa unidade temática, así como “unha decidida vontade estrutural que revela un elaborado entretecido de voces poéticas e motivos recorrentes”.

Máis información en La Voz de Galicia