As III Xornadas sobre Enerxías Renovábeis Galicia-Norte de Portugal comezan hoxe en Compostela

Renovación en Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Analizar as posibilidades de producir e aplicar enerxías renovábeis no Noroeste da Península é o obxectivo das III Xornadas sobre Enerxías Renovábeis Galicia-Norte de Portugal que se inician hoxe no Pazo de Congresos de Santiago. Entre outras cuestións abordarase a difusión da enerxía solar nos colexios de Galicia ou as campañas para o aforro da enerxía. Precisamente hoxe El Correo Gallego publica os datos que sitúan a Galicia como a comunidade que máis aproveita os restos forestais para a producción de enerxía. Até o cinco por cento do total de enerxía renovábel que se produce na comunidade provén desta fonte.

Máis información sobre as xornadas en La Voz de Galicia; sobre o emprego de restos forestais en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Norte de Portugal, El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Santiago de Compostela