A demanda de enerxía solar supera con creces as previsións orzamentarias de axudas á instalación

Sae o sol

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
A enerxía solar está introducíndose con paso firme na sociedade. Neste ano presentáronse ante a Xunta 1.278 solicitudes de subvención para instalación de paneis, pero a partida orzamentaria correspondente non chega para cubrir máis que duascentas cincuenta delas. Estes datos achegounos o conselleiro de Innovación, Juan Rodríguez Yuste nas xornadas sobre enerxías alternativas que se celebraron esta fin de semana en Carballo e que reuniron a máis de 250 persoas, case todos técnicos e instaladores destes sistemas. O conselleiro tamén afirmou que Galicia ten un 20% máis de irradiación solar que Alemaña, país líder no sector.

Maís información en La Voz de Galicia
e sobre enerxía solar no noso Tema Fai un sol...

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Culturagalega, Carballo, Alemania