A idea de aproveitar o mato dos montes para obter electricidade a través das chamadas centrais de biomasa non é nova e xa existen varios exemplos deste tipo no país. Agora, a USC está a realizar un estudo no que valora o posible rendemento enerxético do mato no noso país, e segundo os seus datos, este material podería proporcionar enerxía para unha poboación de sesenta mil habitantes ademais de proporcionar once millóns de euros de beneficios anuais. Os investigadores sinalan tamén os beneficios ecolóxicos deste sistema ao previr incendios forestais.
Máis información sobre en El Correo Gallego e en La Voz de Galicia
