Saramago inaugura en Ferrol un curso dedicado a Torrente Ballester

Un Torrente de literatura

28/9/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
20 lecturas | Compartido 0 veces
Desde o pasamento de Gonzalo Torrente Ballester, o Concello de Ferrol, Caixa Galicia e a UNED organizan un curso para reivindicar a súa figura. A nova edición do curso comeza mañá e terá unha apertura de excepción: o premio Nobel José Saramago que falará do quefacer literario do que foi o seu amigo. Á conferencia inaugural seguiralle un ciclo de conferencias que contará con escritores como Antonio Pereira (8 de outubro), Juan José Millás (23 de novembro), Rosa Montero (10 de decembro), Lola Beccaría (17 de decembro), Víctor Freixanes e Manuel Rivas (4 e 5 de novembro respectivamente) e con críticos como Basanta (28 de outubro) e Darío Villanueva (25 de novembro). Os 110 matriculados ao curso presentarán en decembro cadanseu relato que será lido polos relatores, e os mellores formarán parte dun libro que se editará o vindeiro ano.

Máis información en La Voz de Galicia e na nosa hemeroteca sobre Torrente Ballester 

Universo culturagalega.gal

05/08/2004

O Colectivo Nemo organiza o seu XXI Ciclo de Fantasía e Ciencia-Ficción, adicado a Star Trek. O ciclo enmárcase dentro da tertulia viguesa do xénero fantástico.
Os xoves a partir das 21:30 h no Café UF (Rúa do Pracer 19, Vigo) Star Trek V: La última frontera (William Shatner, 1989)

Para trekkies