O Curso de Narrativa Torrente Ballester divulgará os segredos de creación literaria a través de autores e estudosos

Arquitectura literaria

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
No trimestre final deste ano comezará en Ferrol o I Curso de Narrativa Torrente Ballester, que pretende afondar nos métodos e técnicas de narración literaria a través de conferencias e mesas redondas nas que participarán escritores e estudosos da literatura. Entre os convocados por esta iniciativa estarán, entre outros, Manuel Rivas, José Saramago, Rosa Montero, Juan José Millás, Víctor F. Freixanes e Antonio Pereira. O curso, organizado polo Concello e dirixido por José Antonio Ponte Far, preséntase como unha actividade aberta que se desenvolverá nos xoves e venres da primeira e última semana de cada mes.

Máis información en La Opinión

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narrativa, Arquitectura, José Antonio Ponte Far, Manuel Rivas...