A Xunta confía en alcanzar os cincos millóns de visitantes no 2005

Galicia por cinco millóns

No mesmo momento no que se celebraba o Día Mundial do Turismo, a Dirección Xeral á que lle compete esta materia aproveitou para dar a coñecer as previsións para o 2005. E segundo a directora xeral, María Antón, o ano que vén a Xunta espera alcanzar os cinco millóns de turistas. Unha cifra que para a directora é o resultado da política turística desenvolvida polo goberno nos últimos anos. E nesa mesma dirección apuntaban os actos organizados para conmemorar a efeméride de onte e que pasaban por dous camiños: dun lado marcaba a relación entre a actividade turística e a deportiva e, polo outro, a realización de actividades para que os vecinos coñezan os recursos das súas cidades e se convirtan en improvisados guías ante os turistas.

Máis información en La Voz de Galicia e El Correo Gallego