Pecha o xornal dixital Galicia Información mentres a versión galega da Wikipedia supera as 1.600 entradas

Aperturas e medras na rede

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Os responsábeis do xornal dixital "Galicia Información" anunciaron onte o peche desta publicación, herdeira do coñecido web "A Contrafío". A falta de apoios económicos para soster o proxecto a pesar dos bos resultados de audiencia está detrás do peche deste web, segundo informan os responsábeis. Ao mesmo tempo, e segundo os datos que achega Galicia Hoxe, a versión galega da wikipedia conta xa con máis de mil seiscentas entradas. Este proxecto internacional quere crear unha "enciclopedia ceibe, gratuíta, accesíbel, e colaborativa en todos os idiomas" na que poden participar todos os internautas que o desexen, e ten a súa versión galega desde xullo de 2002.

Máis información sobre o peche de Galicia Información no web do xornal; sobre a wikipedia neste web

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Hoxe

Claves

Entidades