A compañía ourensá La Imagina Machina estrea a súa versión de “Ubú Rei”

Chega o Rei

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
“Ubú Rei” foi estreada por primeira vez en París a finais do século XIX, como o resultado da ira dun grupo de estudantes contra o seu profesor. Unha comedia provocadora e humorística que parodia o “Macbeth” de Shakespeare e que se converteu nunha icona da liberdade. Unha versión desta peza estrease o vindeiro xoves 17 de xaneiro (Teatro Colón Caixa Galicia, A Coruña) a cargo do grupo ourensán “La Imagina Machina” dirixida polo autor e director teatral, Suso Díaz. De estrea tamén está Matarile Teatro, que leva ata o XXV Festival Internacional de Málaga (1 e 2 de febreiro ás 20:30h. no Teatro Alameda) a súa última montaxe "Animais Artificiais".

Máis información sobre a montaxe "Ubú Rei" en El Correo Gallego e sobre "Animais Artificais" no web de Matarile e sobre "Ubú Rei" obra na Wikipedia

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Shakespeare, Comedia, Matarile Teatro...