Preséntase na Coruña a programación de outono do teatro Rosalía mentres Vigo adianta os contidos do Are More

Programas de dúas cidades

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
"Eu, Claudio" e "Xulio César" alternarán no escenario do teatro Rosalía da Coruña con "A man do emigrante", baseado en textos de Manuel Rivas, "O prezo" que interpreta Juan Echanove, ou o ballet Eifman de San Petersburgo. O centro presentou onte a súa programación para os vindeiros meses que inclúe tamén a estrea das últimas producións de Teatro do Atlántico e de Áncora Producións. Tamén onte saía a luz o programa do V festival Are-More, que traerá a Vigo dezaoito espectáculos da talha de Ute Lemper, María Bayo ou David Russell. O evento comezará o vindeiro dezaseis de outubro no teatro Fraga, que alternará co auditorio Martín Códax coma sede.

Máis información sobre a programación do Rosalía en El Ideal Gallego; sobre o Are More no Xornal do Concello de Vigo

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Manuel Rivas, Xulio César, Teatro Fraga...