No centenario do nacemento de Xulián Magariños o seu concello natal organiza un programa de actos para a celebración e o recordo do escritor

Magariños segue en Negreira

Durante esta semana a vila de Negreira volcarase coa lembranza do escritor Xulián Magariños para celebrar o centenario do nacemento do escritor e avogado de Barcala. Desde o luns 13 quedará inaugurada na casa da Cultura unha exposición fotográfica sobre a vida do escritor, seguirá para o martes un concerto de guitarra clásica no auditorio municipal e o mércores será a Banda Municipal quen dedique no local do Ateneo un concerto ao ilustre fillo de Negreira. Será o xoves, coincidindo coa data do nacemento, cando a programación preparada polo concello e por Amancio Liñares Giraut e apoiada pola Consellaría de Cultura e a Fundación Feiraco chegue ao seu punto central cunha misa, un concerto de arpa e a inauguración das xornadas de estudo da vida e obra de Magariños. O sábado pecharanse as xornadas e colocarase un monumento nos xardíns da praza de Ferreiro.

Máis información en La Voz de Galicia