A piscifactorÃa do grupo Prodemar que hoxe mesmo se inaugura en Cabo Vilán, Camariñas, afecta seriamente a unha zona protexida da Costa da Morte, segundo denunciaba onte a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, (ADEGA). Este colectivo lembra que a instalación está situada dentro dun espazo proposto para a Rede Natura 2000 e é unha Zona Especial de Protección de Valores Naturais. No mesmo sentido, esta fin de semana facÃase pública a intención de construÃr un campo de golf no zona de Reira, no concello de Camariñas, unha zona que os ecoloxistas lembran que tamén está incluÃda na proposta da Rede Natura 2000.
Máis información sobre a piscifactorÃa en Galicia Hoxe; nota de prensa de ADEGAsobre a piscifactorÃa; a noticia sobre o campo de golf; e máis sobre a localización do campo en El Correo Gallego