A Consellaría de Medio Ambiente libera unha aguia real no Xurés mentres ADEGA denuncia que este mesmo organismo caza lobos

De aguias e lobos

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Unha aguia real criada nun centro de Madrid foi liberada onte no parque natural do Xurés dentro do Programa de Mellora da Biodiversidade da Consellaría de Medio Ambiente. A ave, que ten setenta días de vida, tardará aínda quince días en aprender a voar, e durante este tempo será alimentada discretamente por coidadores do parque. Coincidindo con esta solta, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) denunciaba onte que responsábeis da Consellaría cazan directamente lobos "de xeito indiscriminado", contravindo as súas propias medidas para a xestión desta especie. O colectivo ecolóxico reclama explicacións sobre a autorización dada ao xefe de servizo da Delegación de Caza e Pesca Fluvial de Lugo para que "cazase directamente lobos ao seu libre albedrío". Desde a Consellaría xustificouse esta medida ante a "alarma social" que o animal provocara na zona.

Máis información sobre a solta da aguia en El Correo Gallego e en La Región; sobre a denuncia de ADEGA en Vieiros; a resposta da Consellaría no seu web

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ADEGA, Consellaría de Medio Ambiente, Vieiros, La Región...