Ós actos que xa se viñeron celebrando desde o venres en preparación desta xornada, súmase hoxe unha chea de celebracións e, non o esquezamos, un 10% de desconto en todas as librerías.
A Coruña e Santiago
Despois de dous días de actividade cunha ducia de postos instalados en Méndez Núñez pola Agrupación de Libreiros, hoxe ás oito e media da tarde a librería Arenas entregará o premio Fernando Arenas e o escritor Victor Omgbá asinará exemplares da súa obra no Corte Inglés da cidade. Por outra banda en Compsotela, o Museo do Pobo Galego acolle sesións de contos para escolares ás dez, once e doce da mañá , e o Centro Galego de Arte Contemporánea entregará gratuítamente catálogos ó centros que ensino que os solicitasen.
Ourense
A Cidade das Burgas celebrará esta xornada coa realización dunha lectura colectiva de diversas obras que coincidirá cunha homenaxe ó poeta Antón tovar. Está previsto que na lectura colectiva, que se realizará no salón de actos da Delegación de Cultura, participen escritores, comunicadores e profesores e alumnos de seis centros. Ademais, e como xa se fixo na Coruña e en Pontevedra, situaranse no Paseo varios postos de venda onde se obsequiará ós clientes cun caravel pola compra dun libro.
Outras iniciativas
A editorial Kalandraka inaugurou onte en Vigo, coincidindo co terceiro aniversario da súa fundación, unha librería especializada en publicacións para nenos e xente nova. Este novo espacio conta cun salón multiusos destinado a acoller presentacións, contacontos, e actos relacionados coa literatura infantil e xuvenil.
O Conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela, visitará hoxe a cadea da Lama para facer entrega dos lotes de cincocentos libros para as bibliotecas dos cinco centros penitenciarios que existen en Galicia.