Os premios literarios están estes dÃas de actualidade, aÃnda que por motivos ben diferentes. Mentres hoxe se fallan os Méndez-FerrÃn, en Ferrol onte presentaronse as obras dos catro galardoados co Premio EsquÃo de PoesÃa. Polo demais, en Pontevedra, o alcalde recibiu ós sete literatos que recibiron algún premio durante o ano pasado.
Catro premiados en Ferrol
Caixa Galicia e a Sociedade Cultural Valle Inclán presentaron onte as publicacións dos "Premios EsquÃo de PoesÃa" relativos á XX edición. Uns galardóns que recaeron en Cesáreo Sánchez, en lingua galega e en FermÃn Heredero en lingua española. Ademais, tamén se presentaron os accesits dos premios EsquÃo que recaeron en Rafael Lema en galego e en Mercedes Castro en castelán.
E recibimentos do alcalde en Pontevedra
Ser de Pontevedra e ter recibido un galardón no último ano, son os denominadores comúns dos sete literatos que se reuniron onte co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. Fina Casalderrey, Victoria Moreno, LuÃs Rey Núñez, Manuel Lourenzo González, Adolfo Caamaño, Miguel Suárez Abel e Xosé Vázquez Pintor mantiveron unha xuntanza con Fernández Lores, dentro das actividades previstas para o "Abril dos libros". O cometido da reunión era informalos sobre os actos programados dende o concello, recoñecer o seu traballo e animalos a continuar coa súa tarefa para continuar co fomento da lectura.