O Festival de Cine de Ourense dedica un ciclo á cinematografía da emigración

Cine emigrado

18/8/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Cada vez sabemos máis da programación do Festival de Cine de Ourense que se desenvolverá do 6 ao 13 de novembro. A última novidade é un ciclo monográfico sobre o fenómeno migratorio e a súa relación coa cinematografía que se titulará "Cine e emigración". Un espazo que se centra en tres partes: render unha homenaxe ao actor ourensá Fernando Luís Iglesias Sánchez, "Tacholas" e dúas series de exhibición de filmes. Unha sección na que colaboran a consellaría de Emigración da Xunta de Galicia, O Consello da Cultura Galega e o historiador de cine Manuel González Álvarez.

Máis información en La Voz de Galicia e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Ourense, Festival de Cine de Ourense, Manuel González...