Marino Dónega era escritor, académico e galeguista, comprometido como poucos por Galicia. No seu curriculum figura ser conselleiro de Cultura na Xunta preautonómica, asinante do chamado Docuemnto dos 29, membro do Consello da Cultura Galega, do padroado do Instituto da Lingua Galega, e da Fundación Otero Pedrayo. Ós seus 85 anos, un cancro de larinxe con metástese, levou por diante a unha das voces máis comprometidas co galeguismo.
Un pequeno perfil
Naceu en Huelva (1916) por circunstancias familiares. O seu pai era funcionario e estivo desprazado en diferentes lugares de España. Pero pronto volveu a Lugo, onde entraría en contacto con intelectuais como Ánxel Fore, Ramón Piñeiro ou Celestino Fernández de la Vega. De alí, marchou ata Santiago para estudiar Dereito na Universidade Compostelana.
Académico e xornalista
"Rebeldía e resignación na novela Os dous de Sempre" foi o discurso que lle deu a entrada na Real Academia Galega por unanimidade. Deulle a réplica ó discurso o seu amigo Ramón Piñeiro.
Desde novo estivo moi vencellado a institucións e fundacións galeguistas, o que lle valeu o premio Trasalba en 1994. Era membro do Consello da Cultura Galega, e dos padroados do Instituto da Lingua Galega e da Fundación Otero Pedrayo.
É autor de varias antoloxías; unha de textos de Castelao ("Escolma posible"); outra sobre Ramón Cabanillas, precedida dun estudio bibliográfico e crítico; e outra de Florentino López Cuevillas. No seu labor de xornalista iniciouse en A Nosa Terra, e seguiu desenvolvendo a esta profesión de xeito ininterrompido. Ademais foi cofundador da Editorial Galaxia e integrante do Consello de Redacción da revista Grial.
Militante
Marino Dónega foi un activo militante galeguista. Estivo nas filas da Mocidade Galeguista de A Coruña dende moi novo, participou nas asembleas da Federación de Mocidades Nacionalistas e interviu na campaña plebiscitaria do Estatuto de Autonomía. Por unha equivocación no seu nome librouse dos "paseos" da morte nos primeiros momentos da Guerra Civil. Pero a súa militancia política impedíulle opositar. Exerceu de avogado no despacho que tiña na Coruña Sebastián Martínez Risco, quen fora presidente da Real Academia Galega antes que Domingo García Sabell. No 1978 foi nomeado conselleiro de Cultura da Xunta preautonómica, proposto polos senadores independentes e de designación real. Nos seus últimos días, padecía dende hai un tempo un cancro de larinxe con metástese o que reduciu as súas actividades de tipo xornalístico e literario.