Ata o videiro 15 de maio o Instituto da Lingua Galega (ILG) celebra un simposio sobre léxico. Unha iniciativa que pretende presentar diferentes propostas de traballo xurdidas do estudio do léxico dende unha perspectiva xeográfica. E, no eido da literatura, a Asociación Galega de Editores, acaba de fcer público que a terceira edición lo Libro Galego terá lugar en Ferrol do 19 ó 24 de xuño.
Simposio
O léxico é un dos campos sobre o que menos se ten estudiado. Por este motivo, o Instituto da Lingua Galega organiza un simposio que pretende afondar nos materiais de base (os estudios morfolóxicos e fonolóxicos das variedades do galego) para presentar diferentes propostas de traballo. Unhas recomendación que chegan da man de expertos en materia de léxico durante todo este mes e que ten ademais, o interese de pretender estimular a participación dos novos investigadores.
Salón do libro galego
Ferrol vén a tomar o relevo de Santiago e de Pontevedra, e acollerá a terceira edición do Salón do Libro Galego. Un certame que, diferenciándose das feiras tradicionais do libro, ofrece os seus libros agrupados por xéneros. Un xeito diferente do habitual, xa que normalmente se presentan en stands literario. Ademáis, este ano as novas tecnoloxÃas achegaranse ó Salón do Libro, e farano nunha aula dixital na que se poderá achegar información bibliográfica galega de todo tipo. Outras das novidades no Salón que deu a coñecer a Asociación Galega de Editores, foi a presentación dos libros cos seus autores.