Nacen as fundacións Manuel Fraga e Bautista Álvarez para potenciar as análises políticas

Fundando estudos políticos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Estudar e divulgar a obra do actual presidente da Xunta é o obxectivo principal da Fundación Manuel Fraga, que se presentaba onte en Vilalba. Esta nova entidade quere transformar a casa natal do político en museo, arquivo e biblioteca dedicados á súa figura e empregala ademais para albergar as diferentes actividades que organicen. Mentres, a pasada fin de semana a Unión do Povo Galego presentaba, coincidindo coa celebración do seu corenta aniversario, a Fundación Bautista Álvarez. O organismo que leva o nome do presidente deste partido quere servir para afondar nos estudos sobre a historia e a realidade socio-política do nacionalismo galego e porá a disposición dos investigadores boa parte dos arquivos da UPG.

Máis información en El Correo Gallego sobre a fundación Manuel Fraga; en Galicia Hoxe sobre a fundación Bautista Álvarez

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bautista Álvarez, Manuel Fraga, Galicia Hoxe, El Correo Gallego...