Arrinca a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia que dedica esta edición ao papel da muller

A muller a escena

19/7/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Suso de Toro abría o pasado sábado a XX Edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, na que vinte grupos presentarán vinte e catro espectáculos até o vindeiro sábado. O eixe desta edición, na que se presentan catorce estreas en Galicia, son os problemas das mulleres na sociedade actual e a violencia de xénero. Precisamente son dúas mulleres, Dolores Vilavedra e de Imma López Silva, quen recibirán o Premio de Honra Abrente polo seu libro “Un abrente teatral” que repasa a orixe deste evento.

Máis información en Galicia Hoxe; en La Voz de Galicia e no noso tema sobre a última mostra

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, Ribadavia, Mulleres...