As compañías Tanttaka Teatroa e Sideshow foron galardoadas na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

Os aplausos do MIT foron para...

28/7/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
... os organizadores, para as compañías, para os espectáculos, e para o público. Esta edición da Mostra Internacional de Teatro era especial. Celebraban o 30 aniversario de Abrente, os 25 anos da profesionalización do teatro galego, que comezou a andar en Ribadavia. E o público respondeu. Recadáronse máis de 16.000 euros, o dobre que o ano pasado, e todos os asistentes asumiron un compromiso co teatro ao recriminarlle á Xunta e a Caixanova o recorte nas axudas. Os premios foron para a compañía australiana Sideshow por “The happy Sideshow” como mellor espectáculo de animación e para Tanttaka Teatroa que, outra vez máis, conseguiu o premio do xurado.

Máis información en La Voz de Galicia en La Región e no tema do día de culturagalega.org

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Ribadavia, Espectáculo, Culturagalega...