O autobús e o tren da lingua, de percorrido por Galicia

Por estrada e por raís

21/3/2001 | Santiago.Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

As campañas de normalización lingüística percorren estes días numerosas vilas de toda Galicia. Cunha apariencia lúdica, o tren e o autobús da lingua continúa coa súa campaña de promoción do galego entre os máis pequenos.

Viaxeiros ó tren

O Tren de Caixanova percore estes días a zona sur de Lugo e de Ourense. Co pretexto do acercamento ós máis cativos do galego e dos trens, a entidade Financeira en colaboración coa Consellería de Educación e Renfe, contribúa á normalización do idioma dun xeito lúdico. Xogos e contacontos foron as principais actividades deste tren que leva pasaxeiros dos 5 ós 8 anos.

E ó autobús

"A lingua galega e as leis", "As campañas de normalización lingüística", "A antroponimia e a toponimia galega", "O ensino da lingua" e "os recursos didácticos" son os cinco paneles informativos que se divulgan a través do Autobús da lingua. É a última capaña de normalización lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que pretende promover o uso do galego entre as xeracións máis novas e que dende hai un tempo percorre as vilas galegas.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Educación, Consellería de Educación, Lingua galega...