Esmelgarte, unha pequena galerÃa con menos dun ano de existencia en Lugo conseguiu reunir os traballos de arredor de noventa artistas galegos e foráneos nunha exposición temática. O eixe da mostra, o erotismo. Ante o éxito colleitado coa súa convocatoria, os organizadores decidiron ampliar a proposta, e deste xeito botou a andar o I Festival de Arte e Cultura Erotizarte, que abrangue desde a pintura até a gastronomÃa ou o cine e que se desenvolve na Cidade da Muralla até o vindeiro dous de xullo.
A idea coa que naceu Esmelgarte foi achegar a produción artÃstica á xente. Seguindo este propósito a súa responsábel, Luz Darriba, contactou con varios artistas arxentinos e uruguaios que especializan a súa obra en temática erótica para organizar unha exposición. "A continuación convocamos artistas de aquà para completar a mostra, e ante a enorme resposta que conseguimos decidimos dar un paso máis e organizar un festival", explÃcanos. A tradición da arte erótica non está especialmente asentado no noso paÃs a nivel de público, sinalan os organizadores. "Unha mostra asà é realmente pioneira en Galicia, noutros lugares si existen museos dedicados ao erotismo", explica Darriba. "O que acontece é que os todos os artistas temos obras eróticas porque iso fai parte da vida, o que acontece é que até o de agora careciamos dun lugar para ensinalas". O feito de teren reunido a uns noventa artistas para participar neste proxecto revela que, efectivamente, existe produción deste tipo no paÃs.
Encontro de obras
"Algunhas das obras dos artistas de Sudamérica xa estaban feitas, son xente que especializa a súa produción nesta temática", sinala a coordinadora do evento, " sen embargo no festival poden verse moitas obras realizadas especificamente para a ocasión". Pintura, escultura, videocreación, fotografÃa ou performances reúnense co eixe común da súa temática. "O engado para os artistas foi o tema, aÃnda que xa imaxinabamos que haberÃa moita expectación", sinala. Entre os artistas galegos que responderon á chamada están Caludio RodrÃguez Fer, Lois Diéguez, Matalobos, Antón Fortes, Felipe Criado, Isidro Novo, Manuel Patinha... As súas obras expóñense na sede de Esmelgarte, onde poden adquirirse a partir de cen euros. O pasado dÃa vinte e un, coincidindo coa entrada do verán, inaugurábase o festival cunha lecutra do "Decamerón" de Bocaccio a cargo do alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, a quem acompañaban DarÃo Xohán Cabana e Albredo Bogianni. Unha lectura desta obra universal abre cada unha das xornadas dos festival, que se prolonga até o vindeiro dous de xullo.
As obras que máis chaman
Tamén cada dÃa, e coa colaboración dun restaurante local, está a disposición do público un recuncho de degustacións no que se celebrarán a semana de cockteis e canapés eróticos e a de té e doces eróticos. Entre as actividades que máis chaman a atención do público está o confesionario que o escultor Paco Pestana montou na cidade. "É unha performance na que intervén o público que queira contar os seus pecados ou anécdotas sexuais. É todo un número que monta Paco coa xente cun confesionario movil dos antigos", explica Darriba. Outra orixinal actividade é a realización de fotos eróticas ao público interesado, que é convocado a través de anuncios na prensa. "Hai dúas modalidades de fotografÃas", explica a coordinadora do evento. Unha é a tÃpica montaxe na que se pon a cara sobre unha fotografÃa xa existente, neste caso a dunha parella en pose sexual. "O fotógrafo Xosé Reigosa arranxa despois con Photoshop e queda incrÃbel. A outra modalidade é no estudo dos fotógrafos Alfredo Bogianni e Xosé Reigosa, onde a xente pode chamar directamente para concretar a foto". Cos traballos realizados nestas sesións farase unha exposición, sempre contando co consentimento dos retratados.
Os espectáculos
AÃnda hai máis. Espectáculos de danza do ventre e de travestismo, pintura sobre corpos espidos en directo, proxeccións de filmes mudos de temática erótica, actuacións de drag queens... A variedade de propostas é inmensa, e polo de agora, segundo os organizadores, a resposta a nivel de visitas é moi positiva. "O que máis me gusta persoalmente son os pais que veñen con fillos pequenos. Nós advertÃmoslles do contido forte dalgunha obras, mais moitos insisten en que os nenos as vexan, paréceme deliciosa esa naturalidade", apunta Darriba
Segundo festival
O evento, aÃnda que organizado a partir da galerÃa Esmelgarte, contou coa colaboración do concello e dunha longa serie de comerciantes e empresarios da cidade, onda o traballo desinteresado de moita xente. O custo total do evento rolda os nove mil euros, e desde a organización contan con poder repetir a ampliar a experiencia de cara ao vindeiro ano, logo da boa resposta que están a ter tanto desde o público como desde os artistas participantes. "Se tivésemos máis recursos farÃamos máis cousas" sinala Darriba, "para o ano estamos a pensar en facer unha asociación pro festival, e asà termos acceso a máis subsidios".
Programa do I Festival de Arte e Cultura Erotizarte.A idea coa que naceu Esmelgarte foi achegar a produción artÃstica á xente. Seguindo este propósito a súa responsábel, Luz Darriba, contactou con varios artistas arxentinos e uruguaios que especializan a súa obra en temática erótica para organizar unha exposición. "A continuación convocamos artistas de aquà para completar a mostra, e ante a enorme resposta que conseguimos decidimos dar un paso máis e organizar un festival", explÃcanos. A tradición da arte erótica non está especialmente asentado no noso paÃs a nivel de público, sinalan os organizadores. "Unha mostra asà é realmente pioneira en Galicia, noutros lugares si existen museos dedicados ao erotismo", explica Darriba. "O que acontece é que os todos os artistas temos obras eróticas porque iso fai parte da vida, o que acontece é que até o de agora careciamos dun lugar para ensinalas". O feito de teren reunido a uns noventa artistas para participar neste proxecto revela que, efectivamente, existe produción deste tipo no paÃs.
Encontro de obras
"Algunhas das obras dos artistas de Sudamérica xa estaban feitas, son xente que especializa a súa produción nesta temática", sinala a coordinadora do evento, " sen embargo no festival poden verse moitas obras realizadas especificamente para a ocasión". Pintura, escultura, videocreación, fotografÃa ou performances reúnense co eixe común da súa temática. "O engado para os artistas foi o tema, aÃnda que xa imaxinabamos que haberÃa moita expectación", sinala. Entre os artistas galegos que responderon á chamada están Caludio RodrÃguez Fer, Lois Diéguez, Matalobos, Antón Fortes, Felipe Criado, Isidro Novo, Manuel Patinha... As súas obras expóñense na sede de Esmelgarte, onde poden adquirirse a partir de cen euros. O pasado dÃa vinte e un, coincidindo coa entrada do verán, inaugurábase o festival cunha lecutra do "Decamerón" de Bocaccio a cargo do alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, a quem acompañaban DarÃo Xohán Cabana e Albredo Bogianni. Unha lectura desta obra universal abre cada unha das xornadas dos festival, que se prolonga até o vindeiro dous de xullo.
As obras que máis chaman
Tamén cada dÃa, e coa colaboración dun restaurante local, está a disposición do público un recuncho de degustacións no que se celebrarán a semana de cockteis e canapés eróticos e a de té e doces eróticos. Entre as actividades que máis chaman a atención do público está o confesionario que o escultor Paco Pestana montou na cidade. "É unha performance na que intervén o público que queira contar os seus pecados ou anécdotas sexuais. É todo un número que monta Paco coa xente cun confesionario movil dos antigos", explica Darriba. Outra orixinal actividade é a realización de fotos eróticas ao público interesado, que é convocado a través de anuncios na prensa. "Hai dúas modalidades de fotografÃas", explica a coordinadora do evento. Unha é a tÃpica montaxe na que se pon a cara sobre unha fotografÃa xa existente, neste caso a dunha parella en pose sexual. "O fotógrafo Xosé Reigosa arranxa despois con Photoshop e queda incrÃbel. A outra modalidade é no estudo dos fotógrafos Alfredo Bogianni e Xosé Reigosa, onde a xente pode chamar directamente para concretar a foto". Cos traballos realizados nestas sesións farase unha exposición, sempre contando co consentimento dos retratados.
Os espectáculos
AÃnda hai máis. Espectáculos de danza do ventre e de travestismo, pintura sobre corpos espidos en directo, proxeccións de filmes mudos de temática erótica, actuacións de drag queens... A variedade de propostas é inmensa, e polo de agora, segundo os organizadores, a resposta a nivel de visitas é moi positiva. "O que máis me gusta persoalmente son os pais que veñen con fillos pequenos. Nós advertÃmoslles do contido forte dalgunha obras, mais moitos insisten en que os nenos as vexan, paréceme deliciosa esa naturalidade", apunta Darriba
Segundo festival
O evento, aÃnda que organizado a partir da galerÃa Esmelgarte, contou coa colaboración do concello e dunha longa serie de comerciantes e empresarios da cidade, onda o traballo desinteresado de moita xente. O custo total do evento rolda os nove mil euros, e desde a organización contan con poder repetir a ampliar a experiencia de cara ao vindeiro ano, logo da boa resposta que están a ter tanto desde o público como desde os artistas participantes. "Se tivésemos máis recursos farÃamos máis cousas" sinala Darriba, "para o ano estamos a pensar en facer unha asociación pro festival, e asà termos acceso a máis subsidios".
O programa e a lista completa dos artistas participantes no I Festival Erotizarte de Lugo.