Falece o historiador e membro da RAG Antón Meixide Pardo aos oitenta e sete anos de idade

Adeus a Meixide Pardo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Antón Meixide Pardo, historiador e membro numerario da Real Academia Galega (RAG) faleceu o pasado venres na Coruña, cidade na que residía desde 1940. Meixide Pardo, autor de máis de oitenta libros e membro tamén do Instituto Xosé Cornide e da Ral Sociedade Xeográfica de Lisboa foi incinerado no cemiterio de Santa Cecilia de Feáns nunha cerimonia á que asistiron, ademais de amigos e familiares, varios membros da Academia, entre os que estaba o seu presidente Xosé Ramón Barreiro. O traballo do falecido valéralle distincións coma a Medalla Castelao ou a Cruz de Alfonso X.

Máis información en La Opinión

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Ramón Barreiro, Xosé Cornide, Castelao, Medalla Castelao...