Destacados literatos galegos reunÃronse onte en Pontevedra convocados polo Ateneo da Cidade do Lérez para discutir sobre a importancia da tradición no noso sistema literario. A mesa redonda desenvolveuse no Café Moderno, dentro do ciclo "A narrativa galega de hoxe" no que cada semana se discute un aspecto concreto da situación deste xénero literario.
Tradición na modernidade
O Ateneo de Pontevedra voltou reunir onte no Café Moderno a destacados narradores galegos para que discutisen sobre a situación da narrativa no paÃs. Os convidados de onte foron Francisco Fernández Naval, Bieito Iglesias e Miguel Suárez Abel, que contaron coa presencia da crÃtica Silvia Gaspar, que realizou unha introducción sobre as tradición literaria galega. Segundo ela, nos últimos vintecinco anos pódense distinguir tres etapas na tradición narrativa. AsÃ, entre 1975 e 1985 a literatura galega tivo como caracterÃstica principal a constitución dun centro, e nos dez anos seguintes produciuse un desprazamento da producción cara os xéneros periféricos. Segundo Silvia Gaspar, desde 1995 estamos nun perÃodo no que se están a integrar as dúas tendencias.
Innovacións e modas
Durante o transcurso da mesa coincidiuse en afirmar que na tradición novelÃstica contemporánea os autores vÃronse influÃdos por tendencias que Ãan desde a escolla de tipos de narradores concretos á evocación do pasado ou a innovación e a ruptura léxica. AsÃ, atopámonos cunha tradición literaria en proceso de asentamento que se ve influÃda por diferentes modas e tenta integrar a consolidación de determinados xéneros coa exploración de novas formas.
Convidados
Os escritores convidados a esta mesa redonda teñen recibido diferentes premios que avalan a súa calidade literaria. AsÃ, Fernandez naval recibiu o premio de poesÃa Cidade de Ourense 1980 e o premio Xerais 1988. Pola súa banda, Miguel Suárez Abel recibiu o premio Modesto Figueirido de 1986 e o prestixioso Blanco Amor de novela en 1988. Por último, Bieito Iglesias é autor de obras coma "Luanda" ou "Miss Ourense" e ten traducido ó galego as novelas de Sherlock Holmes. Os encontros literarios continuarán o martes que vén co tema "Ó rescate da memoria", que contará coa participación de Anxo Angueira, Luis Rei Núñez, Antón Riveiro Coello e Ramón Nicolás.