Fállanse os premios "Celanova. Casa dos poetas" e "Risco"

Celanova e Risco

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A veterá poetisa Luz Pozo Garza foi designada a pasada fin de semana como gañadora do premio "Celanova. Casa dos poetas". Por outra banda, o premio Vicente Risco de literatura fantástica recaeu en Xabier López pola obra "O caderno".

Celanova

A obra "moi sensual de case erótica e case erótica" de Luz Pozo Garza, que entronca coa figura de Rosalía e outros grandes escritores galegos segundo o xurado, foi o que a fixo merecente da segunda edición do premio "Celanova. Casa dos Poetas". Luz Pozo recibiu a noticia no seu sillón da Real Academia e declarou sentirse moi emocionada por un galardón "que nin esperaba nin tampouco creo merecer". A entrega dos premios que concede o Padroado Curros Enríquez será na casa-museo do escritor en Celanova o día 31 de agosto.

Risco

Outro premio que se entregou durante a fin de semana foi o Vicente Risco de literatura fantástica, que recaeu nesta súa segunda edición en Xabier López. A obra premiada, titulda "O caderno" realiza unha reconstrucción da viaxe que Vicente Risco realizou nos anos trinta por centroeuropa e que reocollera no libro "Mitteleuropa". En "O caderno" a viaxe realízase trinta anos despois da de Risco, e seguindo o seu mesmo itinerario. O xurado valorou o equilibrio da narración "entre os ecos literarios e a viveza dun relato cosmopolita".

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celanova, Vicente Risco, Luz Pozo Garza, Xabier López...