Agrafoxo gaña o premio García Barros cunha historia baseada na visita de Hemingway a Galicia

Hemingway en Ford T

22/6/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
44 lecturas | Compartido 0 veces
O escritor e historiador noiés Xerardo Agrafoxo levou os nove mil euros do premio Manuel García Barros de novela coa obra “Unha viaxe no Ford T”. A obra gañadora está inspirada nunha viaxe que o escritor Ernest Hemingway fixera a Galicia e será publicada proximamente pola editorial Galaxia. Outro certame, o Díaz Jacomé de poesía convocado polo Concello de Mondoñedo, tamén fixo público o seu fallo resultando gañador Xacobo Casal pola obra “Residencia no mar”, que premiou ao seu autor cos mil cincocentos euros do galardón. Fátima Núñez e Óliver Escobar quedaron respectivamente como segunda e terceiro deste premio que ten como obxectivo estimular a creación literaria entre os máis novos.

Máis información en Galicia Hoxe ; e sobre os premios Díaz Jacomé en El Ideal Gallego


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel García Barros, Ernest Hemingway, Xerardo AgraFoxo, Manuel García...