Autores e críticos analizan a situación da literatura galega en Pontevedra

Falando da escrita

| | Seccións: Literatura
Compartir:

O Ateneo de Pontevedra achegará cada martes á cidade durante todo o mes de marzo a destacadas figuras da literatura galega que, acompañadas por críticos analizarán a situación do sector. O primeiro encontro, celebrado onte no Café Moderno, analizou a situación dos diferentes xéneros na actualidade.

Xéneros

Marilar Aleixandre, Aníbal Malvar e Xosé Miranda foron os escritores que na tarde de onte debatiron co crítico Armando Requeixo sobre a situación dos diferentes xéneros narrativos. Na conferencia, que a dicir dos organizadores foi moi ben, destacouse o bo intre que está a vivir a literatura galega, cun grande volume de títulos publicados e moi boa calidade. Marilar Aleixandre sinalou a dificultade de clasificar as obras por xéneros, destacando o estilo persoal do autor por riba das etiquetas que, segundo Armando Requeixo "poñémolas os críticos para darlle unha referencia ó lector".


Máis encontros

O ciclo organizado polo Ateneo de Pontevedra baixo o título "A narrativa galega de hoxe" traerá cada martes a tres escritores e a un crítico ó Café Moderno para que , a partir das oito, debatan sobre un aspecto da situación da literatura do país. Así, un dos próximos encontros previstos tratará a posición da tradición dentro da escrita actual.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Pontevedra, Armando Requeixo, Marilar Aleixandre...