A Xunta anuncia a creación dun Banco que Terras que xestionará terreos agrícolas sen utilizar

Un banco para mudar a paisaxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Aquelas terras con usos agrícolas que non estean a ser explotadas e fosen obexto de concentración parcelaria, serán xestionadas por un Banco de Terras que cederá o seu dominio a aquelas explotacións interesadas en as cultivar. Esta iniciativa, anunciada onte polo conselleiro de Política Agroalimentaria, non suporá unha perda das propiedades polos seus donos, xa que unicamente se expropiará o dominio sobre a terra por un período de doce anos. Segundo o conselleiro, Juan Miguel Diz Guedes, estas medidas afectarán a 130.000 hectáreas, un catro por cento da superficie agraria do país. Pola súa banda, o conselleiro de economía, José Antonio Orza, apuntou a necesidade de apoiar a agricultura ecolóxica para fixar poboación no ámbito rural. Estas medidas poderían modificar en boa medida o panorama agrícola e paisaxístico galego nos vindeiros anos.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Paisaxe, Economía, Galicia Hoxe

Claves

Entidades
Conceptos