O Goberno Central e a Xunta preparan medidas para evitar o despoboamento rural e achegar a mocidade ao campo

Volta para a aldea, rapaz

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O despoboamento e a falta de relevo xeracional no rural motivou que o Ministerio de Agricultura se lance a elaborar unha nova lei de desenvolvemento rural. Este texto prevé menores cargas fiscais para negocios situados no medio rural, e barállanse aínda outras propostas para fixar poboación na zona. Simultaneamente, o conselleiro de Política Agroalimentaria, Santiso Miramontes, anunciou un plan de choque que pretende reducir á metade a emigración da mocidade rural ás cidades. Entre outras propostas está a promoción da agricultura biolóxica, os subsidios a novos agricultores e un apoio técnico para conseguir rendibilidade das explotacións agrarias.

Máis información sobre o plan do ministerio en La Voz de Galicia; sobre a proposta da Consellería en Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Goberno Central, Medio Rural, Faro de Vigo, La Voz de Galicia