A Xunta considera que o proceso de despoboamento do rural non é alarmante

Despoboamento si, pero non tanto

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Recentemente a Consellería de Agricultura convocaba, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) unha recollida de ideas para frear o despoboamento do rural. O pasado venres a responsable desta axencia, Belén Hernández, aseguraba no parlamento que a incidencia deste proceso non é alarmante, sinalando que a poboación rural en Galicia mantense, cun 34,2% do total dez puntos por riba da media española. Ademais, apuntou que entre 1999 e 2002 creáronse máis de 6.200 empresas en zonas rurais, e destacou que a perda de poboación entre 1991 e 1998 foi só dun 0’88%, un índice inferior, segundo afirmou, ás demais comunidades autónomas tirando Cataluña.

Máis información na sección Galicia da edición de hoxe del El Progreso e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con El Progreso, Culturagalega, Cataluña, Medios de comunicación

Claves

Lugares